Branco Roto
“Branco roto é un proxecto sobre a luz, a forma e a composición.
Unha fotografía é o resultado de expoñer luz sobre un soporte. Ao mesmo tempo o encadre é ordenar as formas existentes nun marco delimitado.
Este proxecto xoga cos volumes, eliminando a profundidade do espazo para converter a imaxe nun elemento en dúas dimensións, tratando de xerar co encadre, formas ordenadas, que conversen entre elas, relacionándose e formando conxuntos
A xeometría propia da arquitectura convertese nun lenzo onde, a luz se reparte polas distintas superficies creando planos e formas, pasando do branco máis puro ao negro en función da intensidade que teña.”