Composición Asfáltica

_MG_0349

_MG_0381

_MG_0461

_MG_0471

_MG_0494

_MG_0641

_MG_0657

_MG_0701

_MG_3088

_MG_7157

_MG_0338

“No 2007 estabamos no cume da burbuxa . O perfil das cidades variaban día a día con novas construccións modificando a morfoloxía das mazás e o entramado urbano. Os edifiicios medraban sen parar sustituindo a outros perecereiros coma se se tratasen de vexetais de tempada. Noutros casos, do valeiro creado entre medianeiras, xurdían estructuras lixeiras coma se a semente económica tivese raices profundas.
No 2008 explotou. Milleiros de proxectos viñeronse abaixo tan rápido, como axiña pasaban do papel á realidade. As mazás rabenadas polo martelo inmobiliario quedaban espidas e as vergoñas amosabanse expostas ante as miradas dos peóns.
Así, coma se dos primeiros habitantes do mundo se tratase, as paredes inconclusas comezaron a taparse con elementos
sinxelos económicamente accesibles; dando como resultado unha olexe de formigón como solución construtiva das edificacións abertas
Desta maneira, o gris invadeu a cidade, nalgúns casos con máis orixinalidade que noutros, chegando incluso a convertirse nun virtuosismo arquitectónico.

Este proxecto trata de ensinar estas partes repelidas da cidade, tratando de atopar algún valor compositivo, que, por momentos parece achegarse a unha abstracción minimalista propia dos que xa non teñen medios.”