Fragmentos [ s a n t i a g o ]

fs_003

fs_004

fs_005

fs_006

fs_007

fs_008

fs_009

fs_010

fs_011fs_002

fs_001

“A cidade, a través da Arquitectura que a compón, ofrece un sinfín de mensaxes visuais a quen a recorre. A serie FRAGMENTOS aproxímase a esta realidade construida, seleccionando coidadosamente entre esas mensaxes, buscando o momento, a perspectiva…, para presentarnos unha nova realidade. Unha realidade persoal e propia do fotógrafo.
O interese non está na representacion da realidade senón na abstracción plástica que desta nos presenta Roi Alonso. A estudiada composición de raíz xeométrica é a base na que asenta cada fotografía. Fotografía que traballa meticulosamente coma se dun cadro se tratase, nunha busqueda plástica en si mesma.

Acostumados a percibir a arquitectura dende a identificación dos seus volumes ou os espazos que xenera, este proxecto fixa un marco para descubrirnos pequenos detalles das obras máis recentes e de interés realizadas en Vigo, Santiago e Coruña. Obras usadas como escusa, onde a manipulacion da perspectiva, o xogo de sombras, os reflexos e as texturas do materiais descobrennos un mundo rico en matices e sensacións, onde a identificación do obxecto fotografiado pasa a un segundo plano.
Fragmentos incitanos a ver a cidade e arquitectura dun xeito lento, tranquilo, sen presa.”
Germán Barja, arquitecto