Moriana
Moriana é unha das cidades que o escritor Italo Calvino describía no seu libro “As cidades Invisibles”, unha sorte de relatos que supostamente Marco Polo contaba ao emperador dos tártaros Kublai Khan.
Presentandonos as cidades a través de pequenos detalles, sensacións, olores,…; unha serie de elementos que serven para que se xenere, na nosa mente, a idea dunha cidade imaxinaria.
A idea deste proxecto é crear esa cidade inexistente a partir do real. Estas imáxes pretenden ser os pequenos detalles que axuden ao espectador a xerar a cidade. Sendo os edificios, os hocos e o entorno, as palabras; e a maneira de entroncalos, o punto de vista e a xeometría da arquitectura, as frases que conforman o texto.
Esta cidade resultante non é máis nin menos certa que a real e sen embargo é imaxinaria e persoal. É unha cidade intencionada que forma parte do conxunto de cidades infinitas que existen nela mesma.
Pero solo esta é Moriana.