Moriana é unha das cidades que o escritor Italo Calvino describía no seu libro “As cidades Invisibles”, unha sorte de relatos que supostamente Marco Polo contaba ao emperador dos tártaros Kublai Khan. Presentandonos as cidades a través de pequenos detalles, sensacións, olores,…; unha serie de elementos que serven para que se xenere, na nosa mente, a idea dunha cidade imaxinaria. A idea deste proxecto é crear esa cidade inexistente a partir do real. Estas imáxes […]
“A cidade, a través da Arquitectura que a compón, ofrece un sinfín de mensaxes visuais a quen a recorre. A serie FRAGMENTOS aproxímase a esta realidade construida, seleccionando coidadosamente entre esas mensaxes, buscando o momento, a perspectiva…, para presentarnos unha nova realidade. Unha realidade persoal e propia do fotógrafo. O interese non está na representacion da realidade senón na abstracción plástica que desta nos presenta Roi Alonso. A estudiada composición de raíz xeométrica é a […]